domingo, 21 de septiembre de 2014

XXVI ANIVERSARIO.- Celebróuse o día 12 de xullo de 2014 no campo santo da igrexa da Saleta, San Cristovo de Cea, en forma de tomaría cun menú típico de Galicia: Empanadas de carne e bonito, polbo á feira, churrasco, e bica; de viño un mencía da Ribeira Sacra. Contouse coa presenza do Alcalde de San Cristovo de Cea Sr. Valladares e tamén dun duo musical para amenizar o acto, celebrado na carpa da Festa de Pan de Cea. Outorgáronse distincións os socios con mais de vinte anos de antigüidade na Peña D. Valeriano Gómez Salve, que non poido asistir por problemas personais,, recollendo sua lembranza o socio D. José Gallego, D. Ignacio Fernández González, D. Nemesio Hermida Arias, e D. Alfredo Alvarez Docampo, que tampouco pudo asistir, recollendo o recordo o noso Tesoreiro D. José Villar.
















No hay comentarios:

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.