viernes, 11 de abril de 2008

HOMENAXE

A Peña, iniciando unha idea que agardamos se convirta en costume en vindeiros anos, tributará o vindeiro día 10 de Maio unha homenaxe ós 4 socios mais antigos (20 anos) que non forman parte da Directiva seguintes:
- D. Adolfo NOGUEIRA CORRAL (Socio núm. 9)
- D. Julio BLANCO DOMÍNGUEZ (Socio núm. 11)
- D. Antonio GONZALEZ MARTINEZ (Socio núm. 15)
- D. José GONZALEZ PEREIRA (Socio núm. 24).

XANTAR DE IRMANDADE

A continuación celebraráse un xantar no RESTAURANTE O BARAZAL, As Barandillas, Maside, para conmemorar o XX ANIVERSARIO da Peña, con este menú:

Aperitivos variados
Centola
Langostinos cocidos e á prancha
Vieiras
Tenreira asada con guarnición e cabrito
Postre, cañas de Maside e tarta xiada.
Café e licores.
ADEGA: Branco Ribeiro Viña Farnadas e Tinto Mencía Vía Romana.
Cava, Augas minerais.Chupitos.

A inscripción para o xantar deberáse ter feito antes do día 8 de Maio, chamando ós teléfonos 988270847 (Casa Pituxo), ou 988273154 e 625049290 (Francisco de Castro).

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 2008

Tamén celebraráse unha Asemblea Xeral Extraordinaria, a continuación, cos seguintes puntos da orde do día:
1º) PROPOSTA de Reforma do artigo 13 dos Estatutos sociais no senso de reducir os cargos directivos ós seguintes: Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e tres vocais.
2º) PROPOSTA de Elección individual ou candidatura pechada a todos os cargos directivos expostos.

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2008

A Asemblea Xeral Ordinaria da Peña terá lugar nos salóns do Hotel Restaurante O BARAZAL, de Maside, o vindeiro día 10 de Maio de 2008, sábado, as 14:30 horas en primeira convocatoria e media hora mais tarde en segunda, coa seguinte orde do día:
1º) Balance de situación a 31-12-07.
2º) Memoria do ano 2007.
3º) Proxecto de actividás para o ano 2008.
4º) Pregos e preguntas.

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.