miércoles, 1 de julio de 2015

XXVII ANIVERSARIO DA PEÑA
Con tal motivo o día 24 de xullo ás 22,00 horas imos celebrar unha cea no Restaurante-Pulpería A FUCHELA do Carballiño, co seguinte Menú:
PRIMEIROS: Langostinos vapor e prancha, polbo á feira, tempura de chipirós.
SEGUNDOS: Entrecot de Tenreira galega con salsa pementa e puré de patacas (ou) Brocheta de Rape de Langostinos.
POSTRE
CAFÉ, CAVA E CHUPITOS.
ADEGA: Branco Extramundi (D.O. Ribeiro), Tinto Mencía Cepa Vella (D.O. Ribeira Sacra).
PREZO: 35 €.
HOMAXE A 4 SOCIOS con mais de 20 anos:
FRANCISCO JAVIER NÚÑEZ RUEDA, FRANCISCO JAVIER VALLEJO PÉREZ, ANTONIO ÁLVAREZ QUINTELA  e JOSÉ MANUEL ALONSO.

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.