martes, 27 de abril de 2010

VISITA A PEÑA NO FACEBOOK

Dende hoxe comezamos unha singladura na rede FACEBOOK. Iremos poñendo as noticias que afecten a Peña e facendo amigos cos mesmos ou similares intereses, compartindo as boas e malas noticias azulgranas.

XXII ANIVERSARIO P.B. DO CARBALLIÑO

O vindeiro día 15 de Maio de 2010, as 14:00 horas en primeira convocatoria e as 14:15 en segunda, celebraráse a Asemblea Xeral Ordinaria da Peña, co seguinte orde do día: 1º) Balanzo da situación a 31-12-09; 2º) Memoria do ano 2009; 3º) Proxecto de actividás para o ano 2010) 4º) Pregos e preguntas.
A continuar celebraremos o XXII ANIVERSARIO da Peña cun xantar no RESTAURANTE O BARAZAL, As Barandillas, Maside, co seguinte Menú: Centola, Langostinos, Ameixas á mariñeira, Entrecot de tenreira con crema de setas, Postres variados caseiros, café e licores, Viños brancos Albariño e Ribeiro, Tintos Mencía e Rioja, Cava, augas minerais e Licores.
O prezo do xantar é de 55 euros para os socios e 60 para os non socios.
A Peña porá un autocar para acudir e voltar ó Barazal, saindo en torno das 13:30 horas da sede, no BAR PITUXO, e volta ó remate dos actos.
Nos actos a Peña, continuando coa idea dos pasados anos, tributará unha homenaxe a catro dos socios mais antiguos, con mais de 20 anos, que non forman parte da Directiva. Este ano os homenaxeados son:
XOSE IÑACIO FONTAIÑAS ARANCEY
JOSE ALFONSIN MARNOTES
JOSE RAMON HERNANDEZ GOMEZ
RAUL ABRALDES RODRIGUEZ.

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.