jueves, 10 de julio de 2014

XXVI ANIVERSARIO.- O vindeiro día 12 de xullo celebraráse un cantar pra conmemorar o Aniversario da Peña, que consistirá nunca romaría tradicional no Santuario de Nosa Señora Virxe da Saleta (San Cristobo de Cea). O menú estará formado por empanadas de bacallao e atún, polbo á feira, churrasco, postre, adega de viños Ribeiro e Ribeira Sacra, café, chupitos. Amenizará os actos un duo musical. Tamén se entregará un obsequio conmemorativo ós socios da Peña con más de 20 anos de antigüidade VALERIANO GOMEZ SALVE, IGNACIO FERNANDEZ GONZALEZ, NEMESIO HERMIDA ARIAS e ALFREDO ALVAREZ DOCAMPO pola sua fidelidade ós nosos cores e Clube. Haberá autocar pra levar ós socios que o desexen que asirá ás 13,00 horas do Bar Pituxo e regreso ó remate dos actos. O prezo do xantar ascende a 35 euros, os socios deberán ter o pagamento da cota anual ó día e tan so aboarán a diferencia de 15 euros.

No hay comentarios:

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.