miércoles, 12 de junio de 2013

Modificación do programa de actos do XXV ANIVERSARIO.

Por disposición do FCBarcelona ténse que adiar media hora os actos programados, por motivos da viaxe do Vicepresidente D. JORDI MOIX. Quedando así:

18,45 Concentración de persoeiros, socios e invitados no Bar Pituxo.
19,30 Recepción no Concello, co Alcalde Arximiro Marnotes e Concelleiro de Deportes Rodrigo González Hermida.
20,15 Conferencia na Casa da Cultura sobre o tema "O BARÇA MES QUE UN CLUB", a cargo de Demetrio González Martin.
22,00 Cea de Gala no Restaurante Marisquería O BARAZAL, de Maside. O menú consiste en:

Centola, langostinos, navallas, percebes.
Vieiras ou ameixas á mariñeira.
Tenreira asada con ensalada e guarnición.

Viños branco Ribeiro Extramundi e tinto mencía Alodio.

Postre: Tarta aniversario, cañas fritas de Maside e tarta xelada.

Café e licores.

Cava.

PRECIO P.P. 50 €

SOCIOS: A Peña abona 20 €.

NOTA: Non sairá ningún ómnibus ante a escasez de interesados, polo que deberán acudir en coches particulares.

No hay comentarios:

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.