miércoles, 23 de junio de 2010

ASISTENCIA Ó XXV ANIVERSARIO DA PEÑA DO FISTERRA





1 comentario:

Xosé Francisco de Castro dijo...

O día 19 de Xuño de 2010 quedará na historia por cumplir a Peña Barcelonista do Fisterra os 25 anos dende a sua fundación. A directiva que encabeza José Velay Fernández organizou unha serie de actos, visita ó Museo do Mar, visita ó Faro, degustación dun viño e aperitivo ó pe do Faro e para rematar unha cea-baile, cun menú para quitar o hipo, que contou coa presenza do Sr. Alcalde de Fisterra, por certo simpatizante do Madrid. A festa prolongouse ata pasadas as 3 horas da madrugada.
Parabéns para José Velay e compañía pola magnífica organización.
Digamos tamén que asistiron o Delegado do Consell Consultiu Salvador Cerviño, os Presidentes das Peñas Barcelonistas Ferrolana, Santiago, O Carballiño, e representantes das Peñas de Lugo, Marín e Tui.

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.