sábado, 17 de octubre de 2009

PARTICIPACION NO VII ENCONTRO DE PB EXTREMEÑAS





1 comentario:

Xosé Francisco de Castro dijo...

Os días 10 e 11 de Outubro celebrouse na localidade de Villanueva de la Serena (Badajoz) o VII ENCUENTRO DE PEÑAS BARCELONISTAS EXTREMEÑAS, organizada pola Peña local e pola Coordinadora extremadura, que preside Josep Mas Juanpere.
O día 10 houbo un debate sobre o tema do encontro TODOS SOMOS BARÇA, que derivou sobor da polémica de dias antes entre o Presidente Joan Laporta e o Presidente da Xunta de Extremadura Guillermo Fernandez Vara, respecto ó nacionalismo do primeiro.
A seguir unha cea de gala coa entrega dos premios MOMORIAL URRUTI concedidos a título póstumo ó inesquecibel RICARD MACHENS, e o ex xogador do Barça de categorías inferiores JUAN MANUEL GUTIERREZ quen tivo un accidente de tráfico que lle truncou a sua carreira deportiva.
O domingo, dia 11, comenzou coa inauguración oficial do local social da Peña cun almorzo típico extremeño, despois un coloquio dos representantes do Barça, presididos por Xavier Bagués, cos Presidentes das Peñas extremeñas, recepción polo Alcalde no Concello e un xantar no polideportivo, mediante un catering. Despois dos discursos, houbo entrega de recordos para todas as Peñas e persoeiros asistentes. Logo pasouse a unha carpa a tomar copas hasta as 8 da tarde.

ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?

JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM

O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.