lunes, 24 de julio de 2017
XIX ANIVERSARIO.- O día 20 de maio pasado, a Peña celebrou o XIXº aniversario, cunha comida de hirmandade no Restaurante Pulpería FUCHELA, de O Carballiño. O xantar contou cun menú típicamente galego, a base de mariscos, pulpo, peixe e entrecot de tenreira galega, postres e adega de Ribeiro branco Casal de Paula e tinto mencía da Ribeira Sacra, cafés e chupitos. Acompañounos o Presidente da Peña Eternos do Barça Manuel Cerreda, coa sua dona.
martes, 26 de julio de 2016
XXVIII ANIVERSARIO.- O día 2 de xullo celebróuse o aniversario da Peña, cun xantar no Restaurante-Pulpería FUCHELA de O Carballiño. No decurso dos actos entregóuse unha lembranza a catro socios por levar mais de 20 anos: Angel Anta Vázquez, José Arias Vázquez, José Manuel Vázquez Fernández y César Nóvoa Crespo. Como convidados especiais estiveron o Presidente da PB Eternos do Barça de Ourense Manuel Cerreda, quen colaborou na entrega dos obsequios aos premiados, e a sua dona. Despois dunha copiosa comida houbo tempo pra tomar unhas copas na terraza do Restaurante.
jueves, 1 de octubre de 2015
HOMENAXE.- Como ven sendo costume cada ano, entregáronse unhas placas de recoñecemento a catro socios que levan mais de 20 anos. O Presidente Francisco de Castro entregoullo a Francisco Javier Núñez Rueda, o Tesoreiro José Nóvoa Pituxo entregoullo ó pai de Francisco Javier Vallejo, o Vicepresidente Eduardo Gallego a Antonio Alvarez Quintela, e O Secretario Francisco Javier Núñez Rueda a José Manuel Alonso. Parabéns a todos eles e que sigan coa sua fidelidade a uns colores e tamén á Peña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ENQUISA: ¿Sería convinte ter un local propio?
JAVIER VILELA GONZALEZ, IN MEMORIAM
O derradeiro mes de Agosto e tras unha longa enfermidade deixounos o amigo e compañeiro de Directiva JAVIER VILELA GONZÁLEZ, quen exerceu dende a fundación da nosa Peña en 1988 o cargo de Segredario e nalgunhas ocasións a responsabilidade da área de comunicación. Con 45 anos foise un barcelonista ata a médula, tendo herdado esta afección do seu pai Lino. Tamén deportista tardío, queda na nosa lembranza o seu carácter aberto e a sua simpatía e cordialidade. Dende a nos Peña enviamoslle unha ofrenda ó lugar onde se atope. Descanse en paz.